Saltar ao contido

Osmund Bopearachchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaOsmund Bopearachchi

Portada dunha obra de Bopearachchi
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1949
Sri Lanka Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidade Sri Lanka
Francia
Educación- Universidade de Kelaniya
- Sorbona
Director de teseJean-Marie Dentzer (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Q89547790Estudos de numismática indogrega e grecobactriana.
Actividade
Campo de traballoNumismática oriental
Ocupaciónhistoriador, numismático, arqueólogo Editar o valor en Wikidata
Influencias en
Obra
DoutorandoLyce Jankowski
Premios
- (1992): Gustave Mendel.
- (1992): Bhagawanlal Indrajii.
- (1997): Allier de Hauteroche.
- (2002): Drouin.
- (2006): Ordre des Palmes Académiques.
- (2017): George Perrot.

Dialnet: 2563856

Christie Osmund Flavian Bopearachchi, nado en Negambo, Sri Lanka, o 4 de decembro de 1949, é un numismático e historiador franco-srilankés especializado nas moedas dos reinos indogrego e grecobactriano.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Orixinario de Sri Lanka, Bopearachchi licenciouse en Artes na Universidade de Kelaniya, no seu país natal, en 1978, e continuou a súa formación universitaria en Francia. Na Sorbona cursou estudos superiores de Lingua e Civilización Francesas, e de Historia da Arte e Arqueoloxía, nos que se graduou, respectivamente, en 1981 e 1982, e finalmente acadou o doutoramento en Historia da Arte e Arqueoloxía en 1987, cunha tese titulada Etude historique et numismatique du royaume indo-grec d'après la collection du Cabinet des Médailles de Paris. O ano seguinte accedeu á acreditación como profesor universitario e como director de investigacións nesa mesma universidade.[1][3]

En 1983, ingresou nun grupo de investigación do Centre national de la recherche scientifique (CNRS) na Escola Normal Superior de París.[4] En 1989 pasou a coordinar investigacións e en 1999 foi nomeado director de investigacións do CNRS, institución da que actualmente é director emérito.[1]

En 1991, Bopearachchi publicou un traballo detallado acerca das moedas indogregas e grecobactrianas, titulado Monnaies gréco-bactriennes et indo-grecques, catalogue raisonné, que basea as súas conclusións nunha análise pormenorizada das moedas e que axiña se converteu en obra de referencia no seu ámbito, merecedora de premios internacionais como o Gustave Mendel ou o Bhagawanlal Indrajii.[5]

Bopearachchi é profesor adxunto de Arte, Arqueoloxía e Numismática da Asia Central e do Sur, na Universidade de California en Berkeley, e profesor visitante emérito de doutoramento da Sorbona.[1][6]

Entre outras, é membro das seguintes sociedades numismáticas: American Numismatic Society (Nova York), Sociedade Numismática PolacaPolskie Towarzystwo Numizmatyczne (Varsovia), Hellenic Numismatic Society (Atenas), Société française de numismatique (París) e Oriental Numismatic Society (Londres).[1][6] Ademais, é membro da Académie des Inscriptions et Belles-Lettres, de París, desde 1997.[7]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Entre outros de diversa índole, Osmund Bopearachchi foi recoñecido cos seguintes galardóns:[1][8]

  • (1992): Premio Gustave Mendel (Académie des inscriptions et belles-lettres, París).
  • (1992): Medalla de prata Bhagawanlal Indrajii (Indian Coin Society).
  • (1996): Medalla de prata (Hellenic Numismatic Society, Atenas).
  • (1997): Premio Allier de Hauteroche (Académie des inscriptions et belles-lettres, París).
  • (2002): Premio Drouin (Académie des inscriptions et belles-lettres, París).[9]
  • (2006): Ordre des Palmes Académiques (Goberno de Francia).
  • (2015): Medalla George Perrot (Académie des inscriptions et belles-lettres, París).[10]

Escolma de publicacións

[editar | editar a fonte]

Estas son as monografías máis salientables da traxectoria académica de Osmund Bopearachchi:[11][12]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 "Osmund Bopearachchi: Curriculum Vitae". Academia.edu
  2. Sitio web oficial. Osmund-Boperachchi.com
  3. "Educational Qualifications". Osmund-Bopearachchi.com
  4. "Research & academic activities". www.Osmund-Bopearachchi.com
  5. Recensión do libro por C. Grandjean. En Revue numismatique. Nº 36. 1994. Société française de numismatique. Páxinas 338-339.
  6. 6,0 6,1 "Professional status". Osmund-Bopearachchi.com
  7. "Liste des membres". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
  8. "Awards". Osmund-Bopearachchi.com
  9. "Palmarès 2002". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
  10. "Palmarès 2015". Académie des Inscriptions et Belles-Lettres.
  11. "Publications". Osmund-Bopearachchi.com
  12. "Bopearachchi, Osmund". WorldCat.